DENDE O ORCELLÓN | O |
24 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.O tempo devolveunos o mais prezado da nosa terra, que é a choiva e con ela trouxo morriña, nostalxia, saudade, porque como xa sabemos o outono e moi similar a primavera pero con unha enorme vantaxe, nesta época os froitos xa penduran de seu, e acariñaranos co seu colorido e arrecendo, caseque igual coma se fosen palabras cinguidas nunha eira de libros propensos a ser leidos. Así e como, comeza un tempo doce de verbas ácedas e aloumiñadas, coma un bagazo repousado da alquitara, que nos trae debagar a todos, sen presas... a ben seguro que neste tempo de augardente tamén nos invaden unha morea de historias xamais contadas. Así tanto na cidade de Ourense coma nas nosas vilas arrecunchamonos debaixo de soportais para evitala humidade das pingueiras, é nun xermolar de estado puro, comezan innumerables actos culturais (cine, teatro, musica e un pouquiño de literatura) é como xa ben sendo, forma habitual, anunciarvos a todos , queridos lectores que volve outra Tasca e literatura, na vila do Orcellon o día 29, ás 18:00 horas. E volve, para enchouparnos de húmidas palabras, de versos incandescentes coma se mesmo fosen as faíscas que voan o carón da repousada lareira... Son ventos fríos de magostos e tamén son tempos de honrar os nosos defuntos, por iso debemos de lembrarnos especialmente do noso benquerido Manuel María, que con toda seguridade estará recitando algún verso aloucado, ou cecais argallando algunha das aventuras literarias no «alén» , o carón do seu gran amigo Ernesto Atanasio Xaneiro ou mais coñecido como O Corcheiro. Aínda que eles xa non están ... a súa presenza esta viva en todos nós, eles saben que o xermen do colectivo Avantar segue vivo, e por eles adicaremos este homenaxe, na noite de Samaín.