Palabra no espacio baleiro

Lola Airas redac.ourense@lavoz.es

OURENSE CIUDAD

SANTI M. AMIL

Torga e a Rúa da Paz voltaron a rezumar cultura cun recital de Redes Escarlata

19 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Un puntazo cultural Cae a tarde en Ourense. A Librería Torga, baleira de títulos nos seus estantes. Desnuda. O seu chan, repleto de libros a esgalla para ser pisados. No teito e no medio, o Cristo de Velázquez semella sostido por unha torre de volúmenes. A xente pisa neles. «A mí esto de que la literatura esté por el suelo...no me gusta», dicía unha veciña. Era parte da montaxe do espectáculo Baleirado de Cultura , do colectivo Redes Escarlata. Fóra, expectación Na Rúa da Paz, a xente sentada. O pavimento de pedra recuberto de dúas velas xigantes co mesmo retrato da rúa con todo detalle. Obra dos irmáns De Dios, que tiveron que poñelo no chan porque o vento tiraba semellantes pantallas a tamaño real cando foron colgadas de mañá. Colaborou o Concello. Dezasete poetas Trala lectura dun manifesto foron desfilando escritores como Méndez Ferrín, Darío Xoan Cabana, Anxo Angueira, Pilar Beiro ou Xoan Abeleira embruxando o ambiente.