Dúas empresas optan a xestionar as piscinas de Monterrei desde agosto

LA Voz OURENSE

O PEREIRO DE AGUIAR

Estado das obras en Monterrei.
Estado das obras en Monterrei. Miguel Villar

A Xunta analizará ao longo da semana as ofertas que ten sobre a mesa

25 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois dun primeiro concurso que quedou deserto porque ninguén se presentou, a secretaría xeral para o Deporte volveu sacar unha nova convocatoria para conseguir empresas interesadas en xestionar o complexo deportivo de Monterrei, no Pereiro de Aguiar. E desta volta non só se presentou unha, senón que hai ata dúas firmas interesadas en asumir unha instalación que aínda está en obras pero que a Xunta quere abrir de maneira parcial a primeiros do mes de agosto (e non a finais de xullo como se prevía fai apenas un mes). Offshore Special Services S.L. e Osventos Innovación e Servizos S.L. son as dúas empresas que presentaron oferta para encargarse da xestión, o mantemento e a limpeza das piscinas neste verán.

Segundo os prazos que manexa a secretaría xeral para o Deporte, mañá procederase á apertura do sobre número dous e o venres o tres, paso previo a poder escoller a mellor opción. O obxectivo, din desde a Xunta, é «poder realizar a adxudicación canto antes».