Boborás e O Carballiño convocan unha nova edición do Premio Antón Losada Diéguez, dotado con 12.000 euros
O CARBALLIÑO
O prazo para a presentación de obras remata o 31 de xaneiro
28 dic 2025 . Actualizado a las 19:16 h.Comezou a conta atrás para a edición número 41 do Premio Antón Losada Diéguez, un dos galardóns literarios e culturais de maior prestixio en Galicia. Os Concellos de Boborás e do Carballiño anunciaron a convocatoria do certame e o prazo para presentar as candidaturas remata o día 31 do próximo mes de xaneiro.
O premio está dirixido a autores que presenten obras escritas orixinalmente en lingua galega, non admitíndose traducións nin traballos xa recoñecidos noutros galardóns. Poderán concorrer obras de creación literaria ou de investigación e ensaio impresas ao longo de todo este ano 2025.
A dotación do premio é de 12.000 euros, repartidos en dous galardóns de 6.000 euros cada uno. A reunión do xurado terá lugar en abril e a entrega oficial dos recoñecementos celebrarase o día 13 de xuño no Pazo de Moldes, como é tradición. Neste ano 2025 estiveron alí como premiados Alberto Pombo na categoría de investigación e Manuel Rivas na de creación literaria.