Xosé Luis Sobrado Pérez publica un estudio sobre a parroquia de Astureses

REDACCIÓN OURENSE

O CARBALLIÑO

18 sep 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

O historiador e presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas da Comarca do Carballiño, Xosé Luis Sobrado Pérez, ven de publicar un novo traballo de investigación sobre a comarca. Astureses. Un paseo pola historia é un libro no que se analiza o devir histórico desta parroquia de Boborás -Sobrado Pérez xa asinou no seu día un traballo similar sobre a parroquia de Xuvencos, no mesmo municipio-. Microhistoria Ó longo de un cento de páxinas Sobrado Pérez fai un repaso polo marco xeográfico da parroquia, un percorrido polos momentos históricos máis salientables da mesma e as fontes donde se foron recollendo estes feitos -desde os albores da Idade Media á sublevación popular contra a Encomenda, pasando pola presencia da Orde do Santo Sepulcro ou pola dependencia de Pazos-, as guerras do XIX, o patrimonio, os persoeiros máis destacados da comarca e outros aspectos. O traballo enmárcase, como recoñece o propio autor, no que se denominan estudios «de macrohistoria» que «hoxe por sorte son moi abondosos». A publicación está promovida pola comisión da Virxe da Saleta, romería de Astureses que se celebra hoxe.