«É un servicio para o cidadán»

La Voz

O BARCO DE VALDEORRAS

LOUXA

BEGOÑA BARBOSA EL CRONÓMETRO Xabier Roo, responsable de normalización no Concello de O Barco

21 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

O Concello de O Barco recupera o servicio de normalización lingüística. Xabier Roo dará continuidade ás iniciativas desenvolvidas o ano pasado cando tamén foi contratado cunha subvención de Xustiza. Terá pouco tempo, pero espera que neste mes e medio o servicio sexa un referente de atención ó cidadán. -¿Cal será o programa de traballo? -Dar continuidade ás iniciativas do ano pasado, coma a revisión e adaptación ó galego dos documentos de funcionamento interno -actas, convocatorias, bandos...- e tamén dos que utiliza o cidadán na súa relación co concello. -O ano paso fixo un traballo de investigación da toponimia e microtoponimia. -Por cuestión de tempo non se rematou no mes que estiven contratado. Fixen unha proposta final, esgotáronse as consultas á Comisión de Toponimia, e presentouse xa rematado o servicio. Na comisión de Cultura quedou para un estudio posterior e creo que se vai retomar agora para a súa aprobación. -¿Tamén se farán campañas de Nadal? -O ano pasado tivo unha moi positiva acollida a que se fixo coa Mesa de Normalización. Este ano farase a través da concellería de Cultura. -¿Haberá iniciativas para divulgar o servicio? -Sí, para facerlles ver ós cidadáns que hai un departamento para colaborar nas accións que propoñan. O servicio quere ser un referente de atención e consulta lingüística. -¿Cal é o maior atranco? -A escasez de tempo. O servicio funciona con bastante precariedade, mes e medio escaso, pois depende dunha subvención de Xustiza. O ideal sería, coma noutros concellos, formalizar convenios con Política Lingüística.