DIARIO DE AURIA | O |
25 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.PASARÁN más de mil años, muchos más, e Xosé Luís Baltar seguirá sendo o que pinche e corte na política da vella Gallaecia. Baltar, a quen coloquei hai anos o título de virrei (nomeclátor polo que o coñecen alén das nosas fronteiras), saiu victorioso como César. Non importan o que digan mañá os emigrantes, non importan os 37 ou 38 deputados do Pepé. Baltar ten oito fieis e Cuíña: nove, polo menos. Por tal motivo, mentres uns falan de pactos e contrapactos, Baltar reflexiona sobre o futuro. Porque nove deputados nun Parlamento de 75 son unha renda valiosísima, un capital, unha finca Santamariña, un Nogueira de Ramuín envolto en ouro e ágatas. Estou disposto a cambiarlle o título de virrei por outro máis acorde á súa altura se, nos próximos días, é capaz de poñer na mesa os seus deputados. Porque para galeguista, Baltar. Para socialista, Baltar (¿quen socializou máis o emprego público desta provincia?) Para listo, Baltar. E, aínda que moitos me tomen por tolo, eu aposto con quen sexa mester que Baltar non quedará tranquilo na oposición. Porque el non é John Wayne, o home tranquilo da película. El está chamado a ser o axitador da política galega. El é galeguista, socialista, listo, pepé. El é o rei. O rei Baltar, Xosé Luís.