DIARIO DE AURIA | O |
11 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.ESCRIBO como un zombi (perdido, colgado). Un vampiro, un residuo dunha noite de gintonic e nubes, de chuvia e pedras, de melancolía. Escribo como un zombi mentres lembro o poema aquel de Gil de Biedma, que redacto sen versos, así, seguido como vén el á miña memoria de náufrago: Es invierno otra vez, y mis ideas sobre cualquier posible paraíso me parece que están bastante claras mientras escribo este poema pero, para qué no admitir que fui feliz, que a menudo me acuerdo? Estas columnas reconfortan. Ás veces creo que xa son a miña única conexión co mundo real, o das eleccións e trompetas e retiro dos conselleiros, qué delirio. No mencer busco razóns que me alimenten, para deixar de ser un zombi, un residuo. Encontro o eco dunha voz que pasea comigo, solitaria, sobre o asfalto húmido deste Monterrei sen música. Mañá será outro día. Outro. Outro día de nubes. Recordarei algún poema mentres os conselleiros se retiran en Laias alleos ao pesar do corazón, ou aos desvaríos de Gil de Biedma que percuten na miña alma (de perdido, de colgado): Definitivamente parece confirmarse que este invierno que viene será duro. En primavera, especialmente.