«Non me sinto apoiado polo PP»

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos O BARCO

CHANDREXA DE QUEIXA

Entrevista | Pedro Fernández Fernández, ex alcalde de Río Os dez membros da lista do PP que concurriron ás eleccións municipais no Concello de San Xoán de Río presentaron onte en bloque a sua dimisión irrevocable

08 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?edro Fernández Fernández ocupou durante os últimos 27 anos a alcaldía de San Xoán de Río. O pasado día 4 de xullo, pese a que súa era a lista máis votada nin el, nin os seus dous concelleiros electos se presentaron no salón de sesións e onte presentaron en bloque a súa dimisión cun escrito no Concello. -¿Porqué esa decisión? -Tiven moi pouco apoio do partido neste tempo. Non me sinto apoiado polo PP. De repente desapareceron todos. Eu vendo as cousas como foron indo decidín marcharme, e a miña familia me apoiou. En canto os meus compañeiros intentei convencelos, pero últimamente despois das barbaridades que se escoitaron no pleno, do cabreo e todo iso non quixeron seguir. E dixeron que si eu me ía íanse todos comigo. Ese apoio nestes momentos é algo que non se paga con nada. Estoulles moi agradecido. O que é moi triste e que eu leve 27 anos na política e o que me pesa agora é que o pobo non me respetara o final. -¿Qué vai pasar agora co PP en San Xoán de Río?, ¿van a presentar a baixa? -Non, tanto penso que non. Pero en canto o futuro do partido eiquí que veña o diputado provincial da zona e faga o partido que queira el. -Fala vostede de Francisco Rodríguez, alcalde de Chandrexa de Queixa -Sí. Todo esto ven de lonxe, O diputado marchouse da mancomunidade e non contento con eso empezou a extorsionar na miña corporación a un señor ou dous. A min gustaríame que chegara e me dixera o que había e si algún quería ser candidato que mo dixera ás claras. Pero houbo alguén máis metido en todo eso -En todo isto tamén está metido un representante da igrexa. Non fai falla dicir nomes. Non o podo asegurar pero seica hai un cura que fai catro anos parece que xa empezou a andar por detrás porque dicían que si quería que eu me fora para que puxeran como candidato a un parente seu. A min non me gusta a xente que anda ás agachadas. Pareceme moi ben que si o cura quere adicarse á política se presente como concelleiro, pero non que faga o que fixo e parece que é un dos que dirixen o partido dos independientes estos. -¿Cómo foi a campaña? -A propaganda que fixeron fai tempo parece ser que era para botar o Pedro, pero agora nestas últimas cambiaron o chip e o que dixeron era que a quen había que botar era a secretaria. Pero eu digo, que ogallá tiveran todos moitos funcionarios que traballasen como a secretaria. No concello ningún traballador choraba as horas e si un día había que levantarse moi cedo para botar unha man nunca había problema. Tanto en Río como en Trives eramos todos unha familia. -¿Qué pensa Baltar? -Non tiven ningún apoio de Baltar, ni do partido provincial. Deberían ser eles os que se preocupasen que para iso están.