Celanova volve a ofrecer o caldo de gloria de Rosalía

La Voz

CELANOVA

Caldo de gloria
Caldo de gloria xoan a. soler

A persoas que o desexen poderán degustalo na lareira da Casa dos Poetas

21 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 23 • 26 locais da vila • Celanova • A vila anova o seu compromiso coa memoria de Rosalía de Castro e o día 23 volverá a ser protagonista o caldo de gloria elaborado segundo a receta da escritora. Serán un total de 26 bares, tabernas e restaurantes de Celanova os que un ano máis se sumaron á iniciativa que se creou no seu día dende a Fundación Rosalía de Castro e quen o desexe mesmo poderá tomar o caldo na lareira da Casa dos Poetas. O reparto simultáneo promovido pola Casa de Rosalía de Castro, a Fundación Pondal de Ponteceso e a Casa dos Poetas de Celanova comezará ás 19.00 horas. As componentes da Asociación de Amas de Casa Ilduara serán as encargadas de elaborar o caldo que se poderá degustar na histórica lareira da vila.