Fin del campamento en Celanova

La Voz OURENSE / LA VOZ

CELANOVA

Os pequenos despediron onte as actividades de verán nas que participaron

10 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O  campamento de verán da Casa dos Poetas -organizado pola Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello de Celanova do 30 de xullo ó 9 de agosto e impartido por Xurxemurxe Xestión Cultural- chegou onte ao seu remate.

O campamento contou coa asistencia dunha media de 27 nenos durante estes días de verán no que os rapaces, de entre 4 e 12 anos, realizaron xogos e actividades que os levaron polos cinco continentes. Foron días tamén para coñecer o patrimonio da vila participando na visita infantil do mosteiro e subindo á Torre das Campás. Pero sobre todo, coñeceron a Casa dos Poetas e os escritores da vila coa realización de xincanas.