Xuntanza en Celanova dos colexios Curros Enríquez

La Voz OURENSE/ LA VOZ

CELANOVA

TERESA CELA

Alumnos de Celanova, Pazos de Borbén e da Coruña participaron nunha convivencia organizada pola Fundación Curros Enríquez

24 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Por noveno ano, a Fundación Curros Enríquez reuniu en Celanova a alumnos de toda Galicia dos colexios que levan o nome do escritor. Acudiron estudantes de 5º e 6º curso do colexio Curros Enríquez de A Coruña, centro que recibiu un agasallo pois leva dez anos seguidos indo a Celanova a coñecer a historia da vila e dos seus escritores. Na xornada de convivencia participaron os centros de Pazos de Borbén (Pontevedra) e de Celanova. Os nenos de Pazos de Borbén interpretaron "Unha noite na eira do trigo". Todos puideron coñecer o mosteiro, a Casa de Curros e Vilanova dos Infantes, ademais de escoitar o órgano da igrexa de San Salvador. foto teresa cela