De romaría por Vilanova

Xosé M. Rodríguez

CELANOVA

oda novidade implica un aquel de risco que ninguén pode calcular na súa dimensión real. Os do colectivo Xaquín Lorenzo e as institucións que os apoiaron para crear no seu día, hai agora dez anos, unha romaría en Vilanova dos Infantes ao mellor nunca cavilaron que en tan pouco tempo chegase a ser unha das citas máis salientables do Día das Letras Galegas. Un feito que, todo hai que dicilo, tamén leva parello consigo un dano colateral, como é que a propia celebración do 17 de Maio e as homenaxes ao autor ao que cada ano se lle adica esta data que se desenvolven pola provincia teñen que «competir» coa festa multitudinaria de Celanova.

Polas rúas e canellas de Vilanova dos Infantes reviviron onte de novo oficios en fase de extinción, ou desaparecidos, e profesionais que reivindican unha tradición herdada que se resiste a morrer e que loita dende a elaboración artesán. Xa non quedan fragueiros nen se carda o liño, mais sempre será un acontecemento poder ver como se facía noutro tempo. O mesmo que se pode disfrutar da mestría que aínda gardan artesáns como os zoqueiros, canteiros e oleiros que onte amosaban o seu oficio ou poñían á venda os seus productos.

Raigame amosou, en só dez anos, que hai espazo para novas alternativas culturais sempre e cando estas consigan dar resposta ao que demandan os cidadáns. O reto a partir de xa é conseguir manter o poder de atracción conseguido ata o de agora.

T