« Esta obra reflexa a dialéctica do que está ben e está mal»

Bea Feijoo

CELANOVA

01 ago 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Xudit Casas é a directora e principal impulsora da curtametraxe Sobre a Morte do Bieito, unha celanovesa de 25 anos á que lle apaixona o xénero do videoarte. -¿Por que Rafael Dieste? -Lino de pequena na escola e gustoume e desde aquela sempre o tiven na cabeza. A diferenza dos contos da época no que o morto vai buscando ó vivo, neste conto dáse o contrario, é o vivo quen vai buscando o morto. -¿Cal foi o motivo de escoller esta obra?

-A min gústame moito o vídeo arte, unha poesía dentro do audiovisual, e esta obra prestábase, pero tamén pola gran carga psicolóxica que ten a historia, un conflito interno do protagonista que gusta e atrae. Un relato que reflexa a dialéctica do que está ben e está mal e como o peso da sociedade inflúe nas decisións.

-¿Como se sinte ó presentar a obra en Celanova?

- Todo un orgullo. Os claustros sempre me inspiraron moito respecto e cando me propuxeron presentalo eu quedei encantada, tanto por estar rodeada de xente que me coñece como que todos os actores son de aquí.