O parque dos Carrís albergará a maioría das actividades
24 may 2025 . Actualizado a las 00:42 h.Día 24 • A Valenza • Todo o día • A celebración das Letras Galegas continúa en Barbadás, que este sábado festexa a edición número catro da Foliada. O parque dos Carrís acollerá a celebración, que arrancará ao mediodía para rematar pola noite.
Recupérase o tradicional desfile matutino polas rúas da Valenzá (amenizado por Nova Fronteira e a Banda de Música Cultural de Barbadás) con posterior sesión vermú nos Carrís. Haberá un xanta popular seguido dun obradoiro de danza con Dantzari. A partir das 17.30 horas comezan as actuacións das agrupacións participantes. O prato forte da xornada é o concerto do grupo Fiándoa, seguido dunha foliada aberta. Ademais, haberá xogos populares durante toda a xornada, así como sorteo de premios.