ANACOS | O |

26 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

EXPOURENSE é desde fai días o obxecto de tódalas olladas dos que están interesados no sector termal galego. A feria é un dos grandes acertos de Ourense, aproveitando un potencial que levaba anos desexando que alguien reparase nel e que se puxesen os esforzos necesarios para tirar riqueza e traballo dunha regalía que se está tirando polos regatos en moitos casos ou atuando polo abandono que están a sufrir as nosas aldeas e lugares. Desde que hai máis de vinte anos uns poucos empezasen a petar en tódalas portas para espertar conciencias moito se ten andado. Hai que recoñecelo e mirar en positivo para decatarnos das vilas termais abertas desde aquelas históricas Xornadas de Hidroloxía Médicas dos primeiros anos oitenta, dos balnearios que foron obxecto de modernización e de potenciación das súas instalacións ou das novas propostas termais consolidadas ou en proceso de facelo -A Chavasqueira, Cortegada, Berán, Outariz, Allariz-. Mais con todo compre unha aposta aínda máis decidida e firme por parte das institucións para amosar, con feitos e non con palabras, que o termalismo é un sector estratéxico para o páis. A posta en marcha do Instituto Termal de Galicia -que Innovación e Industria está demorando en exceso para deixalo esmorecer- e das medidas de presión necesarias para evitar casos de balnearios obsoletos ou mal aproveitados, cando non abandoados, e que estes pasen a funcionar a pleno rendimento e en condicións competitivas para que se convirtan, de verdade, nun sector estratéxico e de creación de emprego son algunhas das actuacións institucionais que se deberían artellar canto antes para relanzar o termalismo. Iso axudaría a potenciar máis a oferta de Termatalia e a vertebar unha provincia que está necesitada de inversións e de algo máis que boas intencións e grandes palabras.