Algo para recordar

Jesús Manuel García OURENSE

ALLARIZ

SANTI M. AMIL

En Allariz estase desenrolando un taller de memoria para a xente maior da vila Oito mulleres e homes siguen as clases cada semana e aprenden técnicas para recordar cousas

23 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

A Seguro que vostede e eu esquecimos nalgún momento algo. As chaves, unha prenda, o paraugas... Oito veciños e veciñas de Allariz están participando no chamado Taller de Memoria no que se lles da técnicas para axilizar a súa memoria. Todas elas son persoas mayores cheas de vida e simpatía. Polo de agora somentes hai un grupiño pero a cousa irá a máis. As alumnas coas que falamos perden cousas. Porque o paso dos anos non perdoa e queren superarse e levar o menor número de problemas na súa vida cotiá. Fan os seus exercicios. A unha delas xa non é a primeira vez que lle teñen que entrar polo patio para abrille a porta da casa porque non sabe onde puso as chaves. Outra non gana para sustos coas gafas. Os nomes da xenté son ás veces un martirio para algunas destas mulleres. Pero cada unha ten o seu truquiño para saber como se chama a persoa coa que estivo falando. Agora eso si, a que máis e a que menos fai sopa de letras cada noite. Outras repasan con primor as cousas que levan consigo antes de sair da casa, non vaia ser o demo. Ou as tarefas de cada dia. A satisfacción é enorme cando se xuntan cada semana para traballar coa profesora. É un xeito de relacionarse e aprender cousas novas. Son mulleres felices. «Eu sacolle moito lucro a estas cousas» dí a señora Celia, que se ergue cediño para escoitar a radio e coller enerxías que fan desta muller unha máquina que vai á piscina climatizada, pasea, acude ó taller e aínda está entretenida cos cursiños de Biblia e de vida ascendente que se celebran na parroquia. Experiencias As técnicas para axilizar a memoria non lle quedan grandes a ninguén, sexa vello ou mozo. Rosario González xa tivo algunha vez que quedar fóra por culpa das chaves. «E tampouco me lembraba de facer a sopa de letras», sinala. A que máis e a que menos le o xornal ou algunha novela como fai Lupe González, que como ten unha habitación fría, prefiere estar ata as tantas pegada ao braseiro embelesada cunha historia literaria e desengrasando despois cunha dose de sopa de letras. «Toda a vida tiven moi boa memoria pero agora perdo moita», lamenta. E volven aparecer as chaves. ¿Qué terán as chaves dichosas?