«A Peroxa terá unhas boas festas»

Ruth Sousa ourense

A PEROXA

MARÍA MIGUÉLEZ

Entrevista | María Jesús Fernández

27 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Mañá A Peroxa comeza as súas festas en honor a san Antonio cunha cena popular no campo da festa. Será a iso das dez da noite. Logo virán catro días de orquestras, pasarrúas, misa e procesión que culminarán na gran noite do martes coa actuación da orquestra Panorama, todo un referente nas festas populares galegas. Pero detrás de tanta actividade hai un traballo ás veces ingrato: o da comisión de festas. María Jesús Fernández forma parte dunha, a de A Peroxa, composta exclusivamente por mulleres. -¿Que lles pasou ós homes coas festas? -O ano pasado eran as tantas e alí ninguén se atrevía. Hoxe en día as mulleres tamén podemos facer as cousas ben: podemos levar un traballo, unha casa e tamén unhas festas. Ás veces non te toman tan en serio e iso dá un pouco de rabia. Pero somos todas moi currantas e coa colaboración da xente creo que faremos unhas boas festas. -¿De que idades sodes as mulleres da comisión? -Digamos que, así e xeral, estamos ente a veintena, a trintena e a cuarentena. -Isto da comisión de festas debe ser un bo traballo. -É moito traballo, moito tempo...é difícil compaxinalo co resto da vida. -¿Os da comisión de festas se divirten durante a festa ou están moi estresados? -Tenche que gustar a troula, porque acabas feito polvo. Se as cousas van ben e hai bo tempo o levas ben , pero se non...Son días de non durmir e de moito cansazo. -¿Este ano a festa ten algunha novidade con respecto o ano pasado? -Nós este ano queremos volcarnos cos nenos, así que polas tardes haberá actividades no campo da festa para que os pequenos poidan disfrutar das celebracións. Ademais haberá xente especializada para coidar dos rapaces e sempre hai xente colaboradora. Así que se algúns pais queren estar ó seu aire un ratiño, poden facelo. -E do novo ó de sempre. ¿Cales son as orquestras deste ano? -Temos este ano a Galilea, Charleston, Fania e Panorama. Todas moi boas e Panorama é unha das que ultimamente está tendo bastante tirón.