Natalia González, Armando González e Xosé Lois Carrión intervirán no acto
07 may 2025 . Actualizado a las 18:48 h.Día 8 • 19.30 horas • Centro Cultural Marcos Valcárcel • A agrupación local do PSdeG-PSOE de Ourense celebrará este xoves o «Día da homenaxe ás vítimas do exilio», unha actividade que se desenvolverá no Marcos Valcárcel e que terá como soporte audiovisual a proxección das curtametraxes realizadas polo director Carlos Velo (Cartelle, 1909 - Cidade de México, 1988) sobre o exilio español el México. O propio realizador, que saíu da localidade francesa de Saint-Nazaire en 1939 cara a México, foi un dos exiliados. No encontro intervirán Natalia González, secretaria xeral da agrupación local de Ourense; Armando González, membro da Fundación Carlos Velo; e Xosé Lois Carrión, secretario de Memoria Democrática do PSdeG-PSOE de Ourense.