Sarabela e Escola da Noite preparan «O gran incendio»

La Voz

OURENSE

Equipo da montaxe luso-galega
Equipo da montaxe luso-galega Mariana Banaco

Ánxeles Cuña tomou como base para a montaxe un texto de  Roland Schimmelpfennig, autor de «O dragón de ouro»

30 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 29 de maio e segunda quincena de xuño • Coimbra e Ourense • O próximo proxecto de Sarabela Teatro chegará como froito da colaboración internacional e o mesmo contará con actores do grupo ourensán e da compañía lusa Escola da Noite. A coprodución leva por título «O gran incendio» e a responsabilidade da montaxe é a directora Ánxeles Cuña. A ourensá regresa de novo a Roland Schimmelpfennig, autor de «O dragón de ouro» que ten en cartel Sarabela, para pór en escena un texto que é unha fábula moderna sobre dúas vilas situadas nun val que rematan enfrontadas por mor do cambio climático e as súas consecuencias.

O equipo luso-galego ultima a montaxe: «O grande incêndio» estrearase en Coimba o 29 de maio —no Teatro da Cerca de São Bernardo— e en Ourense poderase ver na segunda quincena de xuño.