Trece restaurantes se suman ao caldo de gloria

La Voz

OURENSE

O cociñeiro con 1 Estrella Michelín Óscar Vidal, preparando o caldo de gloria na casa museo de Rosalía de Castro. 23/02/2023
O cociñeiro con 1 Estrella Michelín Óscar Vidal, preparando o caldo de gloria na casa museo de Rosalía de Castro. 23/02/2023 XOAN A. SOLER

Os establecementos son de Ourense, Lobios e Trives

20 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 23 • Provincia de Ourense • O domingo celébrase o día de Rosalía e trece restaurantes se suman aos locais que xa teñen anunciado que ofrecerán o caldo de gloria. Son Novo Cándido, A Taberna, A Feira, La Zapatería del Abuelo, Demamáluis, Depapáluis, Fuentefría, Despensa de Fuentefría, Mercado de Canedo, Enxebre, Atarazana, Lusitano (Lobios) e Viúva (Trives).

 Estes trece restaurantes súmanse á oferta do caldo de gloria que xa se ten confirmado por diferentes lugares da provincia. Celanova, con 21 locais, foi pioneira nesta experiencia por ser a Fundación Curros una das que promoveron esta iniciativa hai uns anos. En Ribadavia e O Carballiño tamén se confirmaron citas neste sentido.