FotoSíntese centra a mostra anual no corpo humano

La Voz

OURENSE

Mostra de FotoSíntese no Liceo
Mostra de FotoSíntese no Liceo Santi M. Amil

A exposición pode visitarse no Liceo de Ourense

24 feb 2025 . Actualizado a las 14:42 h.

Ata o día 27 • Liceo de Ourense • FotoSíntese, a Agrupación Fotográfica de Ourense, ten aberta ao público a súa mostra anual. «Distorsións», que así se titula, pode visitarse no Liceo. Son vinte imaxes realizadas por Eduardo Alberca, X. Luís Álvarez, Mercedes Bosquet, Kique Castro, JJaime Dopereiro, J. Carlos Estévez, Toño Garrido, Oliden González, Nelson Guzmán, Ana Lorenzo, Luisa Méndez, Fen Mugüerza, Pepe Quiroga, Jacobo Romero, Bel Santos, Mercedes Suárez, Ana Valado, Carmen Varela e J. Manuel Vázquez. Nesta mostra colectiva FotoSíntese centra o traballo no corpo humano para afondar no debate de como nos vemos, a ditadura das modas, e a representación dos «corpos e mundos alterados» nas artes gráficas, escultóricas e fotográficas. Nestas distorsións tamén xoga un papel destacado a presenza da Intelixencia Artificial.