A mostra foi coordinada por Xosé Lois Vázquez, da Asociación Outono Fotográfico
06 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Espazo de Arte de Roberto Verino • Horario comercial • Dende este martes está aberta ao público no espazo expositivo de Roberto Verino a mostra «Fronte a min», de Ofelia Cardo (Valencia, 1967). No proxecto actuou como curador do mesmo Xosé Lois Vázquez, da Asociación Outono Fotográfico. Ofelia Cardo cursou os seus estudos de Belas Artes en Valencia e Pontevedra, e na actualidade é profesora da Escola de Arte Superior e Deseño Antonio Faílde, de Ourense. A docente da ESAD ourensá ten realizado ata o de agora mostras colectivas e individuais por toda a península —dende que o fixo por vez primeira na galería Edgar Neville (Alfafar, Valencia) en 1994—. Tamén amosou as súas imaxes en Vila Nova da Cerveira e Porto (en Portugal) e Estambul (Turquía).
Na folla de sala da nova mostra que se ofrece en Roberto Verino, Xosé Lois Vázquez fai un repaso polo traballo de Ofelia Cardo e incide en que «Fronte a min non hai nada; está todo por facer».