As aulas

Marcos Guimarey ARGUMENTARIO

OURENSE

05 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Cando o alumno está preparado aparece o maestro, iste tamén pode ser o caso. O profesor tamén tivo tempo de percorrer outros camiños, e con eles, outro coñecemento. Entón, a volta ás aulas de Jesús será boa para o seu alumnado, pero aínda será mellor para el. Na súa sorte vai a nosa tamén: canto mellor estean os cidadáns equipados de coñecementos, mellor nos irá ao colectivo. Cos datos estatísticos, ter formación universitaria en España só supón un aumento da sobre-cualificación, xa que o modelo de crecemento se basea nos servizos. Pola outra banda, xente de talento emigra, o que reforza esta descapitalización e depresión. Na súa docencia estará a oportunidade de reforzar a educación pública.

Na volta ás aulas xogámonos, como cada ano, o cambio do modelo produtivo do estado, porque é aí onde comeza a inversión deste pesadelo demográfico e económico. O primeiro concepto a ter sempre presente é o da equidade, polo menos o primeiro día saír todos dende a mesma liña. Por iso: «para todos igual» non debe ser o principio que rixa a distribución.

Á campaña do Concello de libros gratis para a rapazada fáltalle o correspondente estudo de dispersión, é dicir, de traballo matemático. Con razón si que nos viña ben unha intelixencia artificial, para traballar con inxentes cantidades de números e interconexións débiles. Mellorar estas accións debe ser o obxectivo, para redistribuír mellor os libros na próxima.

A experiencia dos datos e a bibliografía dinnos que son as rendas máis altas as que máis se benefician destas medidas que tratan de ser igualitarias, pero na análise, son as que aumentan en maior medida a desigualdade. Como os datos non son coñecidos, non sabemos se hai rúas nas que todos os cativos e cativas tiveron o seu libro, mentres noutras os números serán menores. Ao mesmo tempo as campañas de beneficiencia de material escolar para aquelas familias que chegan afogadas ao curso lectivo recompoñen a foto do país.

Nesta volta ás aulas, que tamén é unha volta ao curso político da cidade e da provincia, deberiamos marcar algúns obxectivos horizontais a nivel de curriculum, que deben ser compartidos: a desigualdade só se corrixe con equidade, e a equidade con coñecemento, que imos evaluar nun futuro sufraxio.