O actor e director Rubén Riós prepara a rodaxe da súa primeira longametraxe

Ana Rodríguez / R. N. OURENSE

OURENSE

Alcaldes dos concellos ourensáns que participan no filme xunto o director, Rubén Riós
Alcaldes dos concellos ourensáns que participan no filme xunto o director, Rubén Riós Cedida

A soidade e a violencia de xénero son a trama en torno a que versará este filme

02 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Ribeira Sacra, Rías Baixas e Águeda en Portugal son os escenarios protagonistas da rodaxe da primeira longametraxe do actor e director Rubén Riós, que levará por título Vivas. O proxecto, que inclúe tamén un documental, tratará a realidade de dous fenómenos agravados pola pandemia: a soidade e a violencia de xénero. O documental, que se chamará Máis vivas, estará composto por testemuños, en primeira persoa, de mulleres vítimas de violencia de xénero e da soidade. As imaxes obtidas da gravación do documental servirán a creación do guión dunha trama de ficción, que servirá de base a primeira longametraxe de Rubén Riós.

Os concellos ourensáns de A Teixeira, Parada do Sil e Nogueira de Ramuín, que van participar neste proxecto, consideran que é unha maneira lúdica e cultural para contribuír a erradicación de todo tipo de violencia de xénero.