Volve Nube Branca

Pablo Nogueira xa conta coa segunda entrega das aventuras do seu personaxe


Logo da excelente acollida que tivo a primeira entrega de Nubre Branca —o volume no que coñecemos os traballos que pasou para cumprir o seu soño de ser astronauta— a nova aventura do personaxe creado por Pablo Nogueira xa está editada. Como está a acontecer con case todo, o covid-19 foi retrasando a presentación. En «Nube branca e o pingüín Valentín» o mestre e escritor conta a historia «dun pingüín que quería voar, como o resto das aves. E chega ao poboado de Nube Branca, onde o feiticeiro indio e logo outros animais, como a foca ou a xirafa, tentan axudar a Valentín. E non se pode contar máis porque non imos desvelar o final», sinala o autor. Como na primeira entrega, o libro inclúe «exercicios a pé de páxina para fomentar a comprensión lectora, practicar dicción, fomentar a lectura e outros aspectos. A historia incide na necesidade de superar as adversidades e facelo de forma creativa», sinala o mestre do colexio Virxe da Saleta de Cea.

Aínda non hai data para a presentación de «Nube branca e o pingüín Valentín», aínda que Pablo Nogueira si que ten claro que desexa que o primeiro acto para dar a coñecer este novo volume sexa no Carballiño. E unha vez que a situación comece a normalizarse haberá unha nova entrega asinada polo mestre e autor. Non será a terceira entrega do seu personaxe senón unha novela. 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Volve Nube Branca