Roberto Quiroga volve liderar o consello do BNG en Valdeorras

La Voz O BARCO

OURENSE

CEDIDA

O rúes foi elixido por unanimidade

13 mar 2020 . Actualizado a las 15:10 h.

O rués Roberto Quiroga foi elixido por unanimidade novo responsable do consello comarcal do BNG en Valdeorras, en substitución de Suso Vilasánchez, concelleiro no Barco. Quiroga volve a un cargo que xa tivera no pasado, e tamén pasa agora a formar parte do consello nacional do BNG como representante da comarca. Quiroga terá como número dous a Antón Rodríguez Prieto, candidato do BNG en Vilamartín. Noa Fernández será a responsable de organización e finanzas; María González Albert, de acción feminista; Vítor Sierra, de cultura; e Suso Vilasáchez, de sanidade. Avelino Fernández, Ramón Núñez, Sofía Carril e Blanca Rodríguez son os vogais.