Os beléns no mundo


Opapa Francisco acaba de publicar a carta apostólica Admirabile Signum, que é un canto a os beléns que se espallan polo mundo neste tempo de advento camiño do Nadal. No bispado de Ourense inaugúrase a exposición dos beléns no mundo. Nas igrexas da cidade e na Catedral aparecen os beléns para gozo dos nenos, das familias e das persoas maiores. O belén da Baltar segue sendo referente na cidade de Ourense.

O papa Francisco na súa carta dinos que o belén causa sempre asombro e admiración; convídanos a pornos espiritualmente en camiño para encontrarnos co Fillo de Deus feito home e atopalo no encontro cos irmáns. En verdade é unha fermosa tradición das nosas familias preparar o belén nos días previos a o Nadal, como tamén é fermosa a costume de facer beléns nos lugares de traballo, nas escolas, nos hospitais, nas prazas... Francisco recórdanos que a orixe dos beléns está no mesmo evanxeo. É o evanxelista Lucas que nos conta como María «deu a luz a o seu fillo primoxénito, envolveuno en cueiros e recostouno na manxadoira, porque no había sitio para eles na pousada» (2,7). Posteriormente, san Francisco de Asís, de volta da Terra Santa, pide que lle representen o nacemento de Xesús. Esta representación ten lugar no ano 1223, en Greccio (Italia), e deu lugar a o nacemento dos beléns no mundo.

O papa Francisco axúdanos a descubrir no belén a tenrura de Deus, noso creador, que se abaixa ata a nosa pouca cousa. O belén, nun ambiente de ceo estrelado no medio da escuridade e do silencio da noite, ven a iluminar o noso mundo e dar resposta as nosas inquedanzas existenciais: a súa proximidade trae a luz onde hai escuridade e ilumina a cantos padecen as tebras do sufrimento. O belén demóstranos como toda a creación participa na festa ca chegada do Mesías: montes, ríos, vales, neves, camiños, animais de todo xénero... Os pastores convídannos a poñernos en camiño para ir con eles ao portal de Belén. Con eles encontraremos a María, a Xosé e a neno Xesús. María é nai que contempla ao seu fillo e que nolo ofrece a os que imos visitalo. Ó lado de María, en actitude de protección, está Xosé. É o custodio da Sagrada Familia. Pero o corazón do belén, no Nadal, é o Neno Xesús: «El é a Vida que se fai visible para todos nós» (1Jn 1,2).

O Papa destaca no belén a importancia dos Reis Magos, cos seus presentes, que nos ensinan a comezar a buscar a Xesús dende lonxe, ca seguridade de encontralo.

Os beléns, ademais de ser unha boa catequese para nenos e maiores, son motivo de ledicia e de bos desexos. ¡Feliz Nadal para todos!

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Os beléns no mundo