Metas


Medra libre, pequecha. Nós habémoste educar para que saibas que non es máis que ninguén, pero tampouco menos. Que ninguén é máis por nacer nun punto do mundo ou noutro (aínda que si teña máis oportunidades). E, sobre todo, que ninguén é máis por ter nacido home. Nin ti menos, por ser muller. Medra libre e valente. Medra sabendo que outras loitaron antes por ti para que poidas votar (e así botar da escena pública aos que non te valoran como igual), para que poidas casar e divorciarte cando che pete, para que poidas vestir ao teu gusto... Cousas que a ti che chegan dadas, pero que non foron un regalo que nos deron. Foi unha loita de outras antes, para que poidas ser ti mesma. Pero non está todo gañado, pequecha. Aínda queda moita batalla. Por iso habemos intentar facerte forte e valente. Para, como di Izal nesa canción que che cantei nada máis nacer, «que nadie ose jamás fijar tus metas, que sepas observar y no ver a quien no debas». E se algún día te equivocas (será máis dun día, e sempre estaremos aí), que saibas rectificar. Que se algún día erras escollendo a quen querer, saibas fuxir a tempo. Nunca permitas que che digan como tes que vestir, a quen tes que ver ou o a onde podes ir. Que nunca ninguén che faga sentir que vales pouco, ou incluso que non vales nada. E se un día pasa, espero que te teñamos ensinado para velo á primeira e marchar, fuxir, correr... Rachar con todo iso para ser libre e feliz. Porque, ¿sabes pequecha? Hai quen aínda non entendeu que cando un chega a unha parella debería facelo para sumar risas, nunca choros. E menos paus. Oxalá teña que explicarche en pasado o que é o 25N.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Metas