Entrega de premios e moito teatro para pechar o Fetega

La Voz OURENSE

OURENSE

Miguel Villar

A oferta de rúa chega hoxe coa proposta «Cocodrilo do Arenteiro», da compañía Barafunda. Poderase ver ás 12.00 e 18.00 horas. A cita do anfiteatro da Veracruz (19.00 horas) corre a cargo do grupo Asacocirco e a súa montaxe «Lume».

06 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 12.00, 19.00 e 22.00 horas • Rúas do Carballiño, Veracruz e Auditorio • O Festival de Teatro Galego (Fetega) vive a derradeira xornada dunha edición simbólica: a que conmemora os seus 30 anos de historia e a que pasou a levar o nome de Celso Parada, en homenaxe ao actor que finaba hai unhas semanas. A oferta de rúa chega hoxe coa proposta «Cocodrilo do Arenteiro», da compañía Barafunda. Poderase ver ás 12.00 e 18.00 horas. A cita do anfiteatro da Veracruz (19.00 horas) corre a cargo do grupo Asacocirco e a súa montaxe «Lume». A gala de entrega dos premios Fetega Dorotea Bárcenas, presentada por María Bañobre, comezará ás 22.00 horas no Auditorio Manuel María. Logo da entrega Enconarte Producións porá en escena a obra «Monstruación».