A estrea de «Mar de Terra» foi acollida por un auditorio case completo

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

O filme escollido para a gala de apertura do OUFF 2018 foi o documental do músico Kepa Junquera e o director José Antonio Blanco

30 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O filme escollido para a gala de apertura do OUFF 2018 foi o documental do músico Kepa Junquera e o director José Antonio Blanco, Mar de Terra, que contou cun auditorio practicamente cheo.

Na presentación do traballo, tanto o director como o produtor, Javier Torquati, destacaron o sinxelo que supuxo traballar co músico e o proceso natural -sen guión preestablecido- co que se rodou o proxecto audiovisual en tres días. «Tivemos moita sorte traballando con Kepa porque tiña moita confianza con protagonistas e semella estar todo guionizado, mais foi todo o contrario», afirmou Blanco. «O único que buscamos coa cinta é transmitir unha realidade que existe e da que nos esquecemos por tela moi preto», engadiu Torquati.

Junquera interpretou antes da proxección do filme -acompañado por outros dous músicos- o tema composto exclusivamente para o documental.