Concurso de microrrelatos sobre Rosalía

La Voz

OURENSE

A convocatoria está promovida pola Universidade de Vigo

13 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 23 de febreiro • Universidade de Vigo • O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro, por iniciativa da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, e a Universidade de Vigo convoca por segundo ano o concurso de microrrelato sobre a escritora. Os textos, en galego, poderán ter un máximo de 134 palabras. Haberá máis actividades para conmemorar a celebración.