A representación será pola rúa do Paseo e na Praza de San Martiño
23 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • 18.00 horas • Paseo e Praza de San Martiño • De balde • A MOTI 2017 celebra a súa xornada inaugural coa estrea dunha nova montaxe de Trécola. Una cita, a de hoxe, que servirá para abrir as actividades do certame, que se retomarán a partires do 26 -e que se desenvolverán ata o 30 de decembro-. O grupo ourensán participa na MOTI 2017 coa proposta escénica «eMOTIonario», un espectáculo de teatro de rúa definido como «unha ruada de emocións está a gurgullar dentro de nós; desborda, quere saír, espallarse, compartirse... nas rúas e nos teatros, nos actores, nas actrices, nas nenas e nos nenos: ‘eMOTIonario’, un aperitivo que nos abrirá o apetito para gozar da MOTI». A música correrá a cargo de Perqtores e a dirección é de Ledicia Álvarez, «Lele».