Pide a PSOE e DO que presenten unha verdadeira alternativa de goberno
12 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.O portavoz de Ourense en Común, Martiño Xosé Vázquez, insta ao PSOE a que defina que papel quere xogar nesta corporación e xustifica a súa abstención na reprobación por entender que chegaba cedo.
?¿Por que fixeron unha reprobación xeral ao goberno do PP e a PSOE e DO?
?É bastante obvio que Ourense en Común está nas Antípodas ideolóxicas e do modelo de xestión municipal. A abstención é porque consideramos que dos argumentos ningún era acaído, e o único que podiamos compartir, o dos orzamentos, considerábamos que chegaba cedo. Reprobamos a todos, porque non compartimos a forma de proceder de ningún deles.
?¿O PSOE acúsavos de ser a pinza do PP?
?Esa mensaxe xa ven do pasado. O PSOE de Felipe González e compañía, agora todos situados en bos consellos de administracións de empresas, xa utilizaron ese apelativo para referirse a quen lle estaba lendo a cartilla. Se a labor de oposición é bloquear a cidade, Ourense en Común non xoga a iso.
?Sorprende, pola experiencia noutras cidades, ese distanciamento entre PSOE e a «marea».
?Si, o que pasa é que Ourense é un rara avis, foi na anterior corporación e acabou como acabou. Foi un mandato bastante movido con casos de imputados, xudicializando a labor política e creo que ambos, tanto o PSOE como DO, seguen cun pé no pasado. A análise que nós facemos é que o PP, estando nas antípodas da súa forma de gobernar como estamos, si que se renovou, pero en verdade parece que Democracia Ourensana e o PSOE aínda viven na corporación pasada e parece que o que queren é manter ese clima de tensión e de ingobernabilidade.
?¿Que suporía para Ourense un goberno DO e PSOE?
?Nós dixémosllo a Gonzalo Pérez Jácome, si de verdade eles consideran que poden ser unha alternativa de goberno, que presenten unha moción de censura cunha alternativa programática e Ourense en Común decidirá como toma as súas decisións, de forma colexiada e asemblea veciñal aberta, pero aquí o que falta é unha proposta de cidade.
?Pensan que este novo escenario pode bloquear ó goberno.
?Non entendemos como o alcalde non falou ese día. Pareceunos incomprensible. Sobre a súa labor de goberno, agardamos que non. O equipo de goberno ten unhas responsabilidades importantísimas, porque estamos nun momento nodal no que é o ano, cun orzamento en debate e cun plan de urbanismo na recta final e non pode deixarse amedrentar por nada.