O CDG protagonizará a programación do Teatro Principal

X. M. R. / OURENSE

OURENSE

Santi M. Amil

O Centro Dramático Galego escenificará «Longa viaxe cara á noite» os días 17 e 18

14 may 2014 . Actualizado a las 21:09 h.

O CDG protagonizará a programación do Teatro Principal na fin de semana. O Centro Dramático Galego estará en Ourense coa súa última montaxe, «Longa viaxe cara á noite». A proposta escénica do CDG, que se representará o sábado ás 20.30 horas e o domingo ás 19.00 horas, foi presentada hoxe polo director da compañía, Manuel Guede, a xerente do Principal, Olga Mojón, e un dos actores protagonistas, Alberto Rolán. «Longa viaxe cara á noite» é a crónica dun día na vida dos Tyrone, transposición dramática dos propios O?Neill a través da que o autor estadounidense volve a vista cara á súa intensa e dolorosa xuventude, espertando os monstros que o atormentan. Cun pasado abafante, un presente en destrución e un futuro imposible, os catro membros da familia protagonista deixan caer as máscaras para deixarnos entrever as frustracións, as adiccións e o desarraigo que determinan o seu destino: James, un actor de éxito que pasou a súa vida de escenario en escenario sen poder formar un verdadeiro fogar; Mary, a súa muller, presa dunha adicción que non é quen de deixar atrás; Jamie, o fillo maior, alcohólico, cínico e descrido; e Edmund, o alter ego do escritor, un mozo soñador e romántico, pero enfermo de tuberculose. Manuel Guede sinalou que a posta en escea do texto de Eugene O? Neill era un proxecto que levaba tempo querendo facer e que con esta montaxe o CDG inicia un achegamento ao teatro norteamericano contemporáneo.