Bóveda paga os pratos rotos do divorcio PSOE-BNG en Ourense

XOSÉ MANOEL RODRÍGUEZ OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

O Concello non convocou a homenaxe anual, contra o acordo plenario

11 jun 2013 . Actualizado a las 07:25 h.

A Alexandre Bóveda (Ourense, 1903 - A Caeira, Poio, 1936) a vida non lle foi doada. Fusilado con 33 cando estaba chamado a ser un dos políticos máis sobranceiros de Galicia, a súa memoria foi perseguida, censurada e represaliada durante décadas. Os concellos de Pontevedra, Poio e Ourense, sempre coa Fundación Alexandre Bóveda como compañeira de viaxe, foron recuperando paseniñamente a súa figura e o seu legado.

Agora, e despois de varios anos celebrándose a convocatoria, semella que Bóveda é un dos «afectados» pola ruptura do pacto de goberno de PSOE e BNG no Concello de Ourense. O pasado día 4 de xuño, hai unha semana, tiña que desenvolverse a homenaxe e ofrenda floral ao galeguista ante a escultura e a casa natal da rúa da Barreira -faise coincidir co día do seu nacemento, o 4, ou a data máis próxima-. O Concello de Ourense non convocou a actividade, pese a que a institución municipal -como fixo no seu día a Deputación de Ourense- nomeou a Alexandre Bóveda fixo predilecto e existe un acordo municipal polo cal se fixaba a homenaxe como un acto institucional.

Aínda que ninguén se posicionou oficialmente ao respecto, dende a militancia nacionalista faise referencia a unha especie de vinganza hacia o BNG pola súa saída do grupo de goberno do Concello de Ourense. Os seus exsocios do PSOE, agora gobernando en solitario na cidade, decidiron non convocar a homenaxe institucional.

Roteiro de Amencer

Quenes mantiveron vivo o recordo foros os membros de Amencer, que por terceiro ano consecutivo fixeron o seu roteiro nocturno polos espazos vencellados ao político galeguista: a xuntanza foi no Paseo, ante o antigo Círculo Católico, e rematou diante da casa natal na rúa da Barreira.