Un proxecto cuestionado

Xosé M. Rodríguez

OURENSE

Chegados a esta altura o centro de parques naturais vai ser o noso particular Gaiás. Ao mellor o proxecto non tiña moito senso real, e si algún compromiso técnico que pagar, e Espinosa debeuse prantar ante quen a liou nesta historia presentada con toda a parafernalia á que acostuma o seu promotor (máis de 100.000 visitantes ao ano, un centro pioneiro, o non vai máis deste tipo de instalacións... ¡lerias!). Que rematen o centro e o poñan a funcionar sería desexable, polo proxecto en si e pola potenciación da zona termal, aínda que moito me temo que vai ser un espazo orfo por uns aniños.