Evita que o boten

OURENSE

Dío aquí ao lado: «Non fun elixido nunhas eleccións», senón que o puxo un partido. Normal que marche, evita que o boten. Coherente si, e tamén hábil. Se o tivera votado o pobo, o conto sería distinto. Porque, nos votos das municipais, ¿canto hai de devoción ao partido e canto de apoio a unha persoa? ¿Como se mide iso? Porque hai exemplos a moreas, de vilas nas que nas municipais gaña un partido e no resto de eleccións outro ben distinto. Aquí ninguén lle botou, os seus déronlle un posto; e agora marcha antes de que llo quiten. Tipo listo.