A pasada semana, a Deputación de Ourense presentou un plan que tiña como obxectivo el de tratar de paliar a continua contaminación do río Barbaña. A idea é detectar a través de cabinas instaladas en diferentes puntos dos polígonos a chegada de vertidos. Dende o colectivo Ríos Limpos pénsase que a iniciativa é mais que insuficiente.
-¿Coñecían o plan da Deputación?, ¿Que lles parece?
-Sabiamos que existía unha partida orzamentaria na Deputación para este tema, creo que dende o mes de xullo. O que é unha casualidade é que xustamente cando empezan os vertidos ao Barbaña, o presentan. Cremos, sobre o plan, que é un parche que non cura a ferida. É totalmente insuficiente. Avisa cando hai vertido, pero non evita que chegue ao río. Ademais non entendemos moi ben por que a Deputación faise cargo disto, quizais porque os concellos de Pereiro e San Cibrao non poden.
-Din que é imposible construír unha depuradora que acabe cos vertidos.
-Nada é imposible. O que hai que saber é que a situación é moito máis que grave. Nós sempre falamos dende a sensatez, non queremos que nos vexan como o inimigo, non se trata de criminalizar o tecido industrial. O que está claro é que o mal está feito dende hai moito tempo e este é un gran problema.
-Comeza a haber auga no río en comezan os vertidos.
-Cando veñen as primeiras chuvias parece que hai vía libre. E isto a larga será moi grave.
-A Deputación dixo o outro día que xa se sabía de onde veñen os vertidos.
-Nós tamén. E dende hai tempo. Non é tan difícil. Está entre tres empresas.
-Tamén dixeron que a escuma do outro día non era contaminante.
-Nos tamén collemos a mostra de auga e a levamos a analizar. Haberá que esperar para ver os resultados e se coinciden ou non.
-¿Creen dende a plataforma que hai conciencia cidadá respecto aos problema?
-A verdade é que non hai conciencia do problema en si pero hai unha frase que é clara ?todo o lixo que tires pola fiestra entrará pola porta?. Pero dende a plataforma tamén queremos dicir que ¿qué pasa copa xustiza? Nós denunciamos varios feitos e parece que non pasou nada. ¿Que ten que acontecer para que se actúe?