A diferenza do centro de Campo Lameiro, San Cibrao de Lás está pechado
31 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.A Xunta de Galicia poñía en marcha o parque megalítico de Campo Lameiro este ano e no seu balance de actividades anual o departamento que dirixe Roberto Varela salientaba a resposta que está a ter este centro de interpretación e a demanda que están a xerar as instalacións. O proxecto de Campo Lameiro formaba parte dunha iniciativa conxunta da Consellería de Cultura, cando aínda era presidente da Xunta Manuel Fraga, na que se incluían varios centros de interpretación na comunidade autónoma para poñer en valor o patrimonio: o dos petroglifos de Campo Lameiro, o centrado na época romana (Lugo), o do megalitismo (Costa da Morte) e o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, a desenvolver no conxunto do castro de San Cibrao de Las, ubicado entre os municipios de San Amaro e Punxín.
O centro de interpretación de San Cibrao de Las está rematado e equipado, de feito hai pouco máis dun ano -en novembro de 2010- o conselleiro Roberto Varela visitaba as excavacións que se realizan no castro de A Cidade e percorría as instalacións do centro museístico, que xa contaba cos seus paneis expositivos para achegar ao visitante a cultura castrexa de Galicia. Nas previsións da Xunta ao sacar a concurso o equipamento do centro fixábase setembro do 2010 para ter rematado o proceso. Dende a Xunta adiouse a posta en marcha do centro en base á necesidade de contar coa cesión dos terreos e a urbanización do entorno.
O centro de interpretación da cultura castrexa aínda está pechado FOTo santi m. amil