O coordinador de programas e actividades do Comité Cidadán Anti-Sida apunta á necesidade de seguir traballando en reducir riscos.
-¿Que servicios teñen?
-En prevención traballamos con mulleres que exercen a prostitución e tamén con escolares a través de charlas ou talleres, ademáis da casa de acollida e os programa Calor e Café, que se veu incrementado moitísimo a raíz desto que se chama crise.
-¿Poderán seguir a pesares do recorte de axudas?
-Recortamos prazas na casa de acollida, de oito a seis, e tamén tres persoas da plantilla de traballadores e o resto levamos seis meses sen cobrar. Vigo pechou con recortes máis baixos que o 50% que nos fixeron a nós.
-¿Que pasará si pechan?
-Si recortan en prevención gastarán máis na sanidade. Haberá máis enfermos e con asistencias máis cara.