22 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
Para non ter mar, Ourense non podería ser máis azul. A provincia votou masivamente a Mariano Rajoy, o mesmo que perdeu dúas veces seguidas. Será o de que á terceira vai a vencida; ou máis ben aquilo de «outros virán que bo te farán». Sexa cal fora, el, presidente. Aos que levaron o batacazo; un par de días para relamber feridas, e para ir marchando. Non é marchar cando o barco se afunde, é tirarse á auga para deixar de ser un peso morto. Mais dun debería ler nos resultados que xa non lle gusta nin aos seus. Eses que non foron votar.