«O poema é coma una foto, plasma un momento concreto da vida»

Cándida Andaluz Corujo
c. andaluz OURENSE

OURENSE

08 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

José Nogueiras Santana ten 55 anos (Castelao, Vilar de Santos) e acaba de editar o seu prime libro, Poemas do sentir galego, que onte presentou na Casa dos Poetas de Celanova.

-Aos seus 55 anos edita o primeiro libro de poesía, pero ¿cando comezou a súa afición?

- Pódese dicir que hai 11 anos. Na voda dunha filla lin unha serie de poemas escritos por mín e ao parecer gustaron moito. Dende entón, e sacando tempo de onde non hai, fun escribindo cousas ata que chegou este momento no que animei a publicar o que escribía nun libro.

-¿Cal é a temática principal da súa obra?

-Co libro mostro o sentido que a vida ten para min. As cousas que me pasan, non existe unha temática única é variada. O sentir da vida cotidiá, de todo un pouco,...

-De aí o título da obra, «Poemas so sentir galego».

-O poema é as veces como a fotografía, plasma un momento concreto da vida. É como a vida mesma e para moitos será doado de entender, tanto polo seu léxico como por as cousas que se contan nel. Son sobre uns 400 poemas que de algunha maneira resumen todo o traballado estes anos.

-¿Pódese mercar o libro nas librerías?

-De momento non. Téñoos comigo.