Pese ao descenso deste mes, o paro segue a ser insoportable en termos interanuais, tanto no conxunto do Estado como en Galicia e en Ourense, onde a crise vén a incrementar os problemas crónicos que xa tíñamos: perda de poboación por falta de emprego, envellecemento e fuxida da xuventude, destrución de tecido produtivo e, sobre todo, máis de sete mil persoas no desemprego que ao principio da crise alá polo 2008.
En este contexto, a política económica da UE, dirixida maioritariamente por gobernos da dereita, centrouse exclusivamente no control do déficit, esquecéndose do crecemento e do emprego. O tempo esta demostrando o fracaso desta política. Os cidadáns estamos vendo como as decisións que afectan as nosas vidas adóptanse polos mercados financeiros, os mesmos que nos levaron a esta situación. Neste escenario, o Goberno, contrariamente ao que viña facendo ata maio de 2010, adoptou unha política económica e laboral centrada exclusivamente no control do déficit e na reforma laboral. O tempo nos veu a dar a razón, demostrando que só se crea emprego cando a economía crece por enriba do 2% e non co abaratamento do despido.
Por elo neste momento urxe pór a economía ao servizo das persoas e cambiar a un modelo produtivo que nos proporcione máis e mellor emprego, un modelo eficiente e respectuoso coas persoas e co entorno.