«¡Pódese vender silencio!»

La Voz

OURENSE

A nova alcaldesa de Lobios afirma que seu equipo ten que procurar financiación para desenvolver outros proxectos.

-Queremos facer unha gardería porque hai xente moi nova e para a xente maior un centro de día.

-¿Algo para o eido turístico?

-Piscinas termais cunha mellor oferta. Queremos preparar vasos cun percorrido con distintas temperaturas de auga. O parque natural e o balneario axudaron a por Lobios no mapa. A colaboración é boa e esperamos que sexa mellor. Hai turistas de todas as idades todo o ano debido ó turismo termal, ó familiar e ó de interior.

-¿Como se atopan de iniciativa privada?

-Esta vai ben, hai moitas habitacións, restaurantes, cafeterías e casas de turismo rural.

-Vostedes lindan con Portugal compartindo un parque natural fermoso.

-Temos proxectos comúns. Hai uns días estiven co alcalde de Arcos de Valdevez porque queremos retomar a festa dos callos e a 16 edición da festa do porco celta co Inorde. Temos relación cos concellos de Terras de Bouro, Ponte da Barca e Arcos de Valdevez. E hai portugueses que viñeron mercar casas a Lobios. É unha clase media que elixe isto como segunda residencia.

-Vantaxes de vivir en Lobios.

-Son moitas, comezando pola calidade de vida; temos natureza, augas, patrimonio. ¡Pódese vender silencio!