02 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
Comentábame un traballador do Complexo Hospitalario que Ourense desaparecía das novas siglas que se lle poñen ao Chou a raíz de engadir a U de Universitario. Na carta dirixida pola señora xerente aos traballadores e traballadoras do centro, infórmalle do cambio de denominación, que pasará a ser CHUO. ¿Por que non pon a OU? ¿Será pola manía que ten o Goberno da Xunta ao noso idioma? ¿Será por que algúns queren voltar a chamarlle a nosa cidade Orense? Descoñezo o motivo, pero non se pode tratar dun erro. Agardo que se
rectifique e que á U de Universitario, da cal me alegro, se lle
engada a U de Ourense que tanto nos costou recuperar. Pido, simplemente, que se respete a normativa lingüística.