Méndez Ferrín propón usar a peza en xeso da Academia como modelo
08 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.A Casa dos Poetas de Celanova podría contar nun futuro próximo cunha nova peza artística que case que xa ten emprazamento practicamente decidido: a horta da Casa dos Poetas. O reto foi lanzado polo escritor e presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, na inauguración oficial da exposición Na frente unha estrela, que a partir de agora pasa a estar de forma permanente en Celanova pola cesión de tódolos materiais que a compoñen por parte da Academia -orixinariamente Na frente unha estrela foi creada pola institución no ano 2008, coincidindo co centenario do pasamento do poeta-.
No seu discurso Ferrín propuxo que se aproveitase o busto en xeso que forma parte da exposición para, a partir del, crear unha peza en bronce «que ben podería instalarse aquí, nesta hora da Casa dos Poetas». Logo de rematar os discursos do acto celebrado na Casa dos Poetas o domingo, Xosé Luís Méndez Ferrín e Acisclo Manzano, membro do padroado da Fundación Curros Enríquez, estiveron intercambiando opinións e pareceres sobre como se podería levar a cabo este proceso. Ferrín e Manzano analizaron a peza que se exhibe na planta baixa da Casa dos Poetas.