Imaxe e autor

Xosé M. Rodríguez P

OURENSE

04 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

or máis que pasa o tempo e se van gañando dereitos e recoñecementos semella que no que ás imaxes se refire queda moito camiño por andar. De sempre, e en lugar de avanzar semella que retrocedemos, faise uso das imaxes para describir unha realidade, documentar un feito ou, en non poucos casos, constatar a evolución histórica e segue sendo o autor das imaxes o único que parece que non pinta nada nese proxecto. Como se o traballo do fotógrafo, nalgúns casos, ou dos que rodaron as imaxes, noutros casos, non tivese valor de ningún tipo.

E os exemplos aparecen de xeito frecuente, como algo normal e xa asumido, nunha insultante falta de respeto ao traballo alleo (será que non cotizan á SGAE por estar mortos). Por falar de casos concretos; na exposición sobre a historia dos balnearios de Galicia aparece unha coñecida imaxe dun balneario da provincia que está perfectamente documentada e datada -tirou a placa José Pacheco no ano 1900- e no pé pon o nome deste xornal, que nin é propietario desa imaxe, aínda que poda telo reproducido nalgún momento.

Outro caso. Nun xornal aparecía recentemente unha reportaxe sobre a famosa cea de 1933, no Hotel Miño, na que participaban os membros do Partido Galeguista con Emilia Docet, a moza de Tui que era daquela Miss España. Por máis que na coñecida imaxe aparece, á esquerda e perfectamente visible, a sinatura de Villar a fotografía publicouse sen o nome do autor. Así as cousas moito nos queda por andar.