Maneiras de vivir

La Voz

OURENSE

No seu non ter acougo, Marisol participou nun dos sete percorridos a pé que anualmente organiza Intermón Oxfam polo mundo, en apoio dos países máis desfavorecidos. «Tiñamos só 36 horas para rematar a ruta de 100 quilómetros arredor do lago Taupo e ao noso grupo -composto por unha surafricana, un francés, un indio e máis eu- levounos 24 horas seguidas», recorda a voluntaria coa obriga de recadar 2.000 dólares neocelandeses. A festa de remate celebrada no xardín da casa que Marisol comparte superou esa cifra. A tradición aló é abandonar cedo o colo familiar para compartir vivenda con amigos ata ben superados os trinta. Maneiras de vivir, que diría a canción.