Do Samaín ao Halloween

Víctor Vázquez Gulías

OURENSE

A gora xa estamos na outonía, onde a noite vai reinando sobre o día, os días escurécense moito e as tardes xa case son noites. Aínda que tódolos anos sucede o mesmo, estes cambios seguen a facernos mudar de costumes e incluso na forma de vivir. Esquecemos por uns meses o sol para vivir no mundo da escuridade. Nestes días imos renderlle culto a esta estación tan tenebrosa, nada mellor que comezala festexando co Samaín (se cadra agora máis coñecido como Hallowen), sen esquecer que esta festividade relixiosa do día 1 e 2 de novembro correspóndelle aos santos e aos defuntos respectivamnete, tamén é o inicio dos magostos. Esta é toda unha mestura de tradicións que se foron consolidando co paso do tempo. Vén ser como un tempo de dar grazas aos deuses do sol, da auga e da terra, por eses froitos que nos manteñen vivos neste tempo escuro. Sen esquecer que esta é a terra onde máis culto temos polos mortos, que aínda que xa non están aquí, as súas almas bouran polas nosas cabezas, e as lembranzas vanse apoderando dos nosos fráxiles corpos. Isto nas nosas terras xa vén de moi antigo, así rezan os milleiros de mámoas e restos funerarios dos nosos mais lonxevos antepasados. E se cadra dende o mais aló seguen ollando perplexos esta forma de vida que agora levamos, tan apresurada. guliasvv@hotmail.co m